Tarxeta Turística 2022

O desenvolvemento das distintas medidas de apoio ao sector turístico galego como consecuencia dos efectos derivados da influencia da covid-19 fixeron posible a creación do Bono turístico / Tarxeta Turística #QuedamosenGalicia, unha iniciativa fruto da colaboración da Xunta de Galicia e o Clúster Turismo de Galicia para estimular a demanda, fomentar o turismo interno e, en definitiva, favorecer a liquidez do sector turístico en Galicia.
Esta iniciativa púxose en marcha no ano 2020 destinado ao persoal sanitario e sociosanitario de Galicia, extendeuse o resto da poboación en 2021, e lánzase unha nova convocatoria en 2022 da Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia22, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2022.
A Tarxeta Turística é unha Visa prepago que se entrega a cada beneficiario que realice a correspondente solicitude, e que poderá ser empregada nos establecementos e servizos turísticos adheridos ao programa. Esta cargarase na entidade Abanca que colabora coa Xunta de Galicia na posta en marcha deste programa. Nesta nova edición, Turismo de Galicia achegará o 40% do custo do bono mentres que o cidadán beneficiario deberá achegar o 60% restante.
Quen se pode beneficiar?
Poderán solicitar a Tarxeta Turística todas as persoas que o desexen a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia nos prazos habilitados, e que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser maior de idade e estar empadroado en algún concello galego.
- Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosEnGalicia22, as persoas que xa resultaran beneficiarias nas edicións previas do Bono Turístico (#QuedamosEnGalicia21, e #QuedamosEnGalicia tamén coñecido como bono sanitario de 2020).
- Cada persoa física únicamente poderá solicitar e ser adxudicataria de unha Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia.
Cando se poderá solicitar?
Abrirase a convocatoria para solicitar a tarxeta o 21 de Marzo de 2022 (dende as 00:00), calquer cidadán que cumpra os requisitos poderá solicitar a Tarxeta Turística a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Información no teléfono de atención ao cidadán 012 e 900 81 53 34. Enderezo electrónico: info-galiciadestinoseguro@xunta.gal
Tipoloxía de tarxetas
As tarxetas que poderán solicitar os cidadáns dentro deste programa de incentivo ao sector turístico galego serán as seguintes:
- Tarxeta de 500 € (200 € Xunta – 300 € particular)
- Tarxeta de 375 € (150 € Xunta – 225 € particular)
- Tarxeta de 250 € (100 € Xunta – 150 € particular)
Que empresas se poderán adherir á nova convocatoria?
Poderán participar aloxamentos turísticos e axencias de viaxes. A través delas poderase paquetizar a oferta complementaria (turismo activo, industrial, restauración, termalismo…). Verdant Experiences é unha Axencia de Viaxes adherida a esta iniciativa.
Cando será posible trocar a tarxeta?
A tarxeta estará inhabilitada e non se poderá trocar entre o 1 de xullo de 2022 e o 15 de setembro de 2022, xa que o obxetivo do programa é a desestacionalización do sector turístico en Galicia. No resto de datas ata o 31 de Decembro de 2022, será posible trocar a tarxeta.
Como trocar a Tarxeta?
Unha vez reciba a tarxeta de Abanca poderá trocar a mesma nun establecemento adherido. No caso de Verdant Experiences, o noso procedemento é o seguinte:
- Consulta dos paquetes dispoñibles nesta páxina web.
- Solicitude do paquete a través de calquera dos medios de contacto.
- Verificación de disponibilidade na data solicitada e confirmación da pre-reserva.
- Confirmación da reserva co troco do bono/tarxeta (pago do servicio).
- Envío da documentación co contrato de viaxe combinado correspondente ao servicio contratado.