Quenes somos?

Un operador turístico e axencia de viajes receptiva de Ourense (Galicia), con número de licenza XG-647.

Orixe da Axencia de Viaxes

A axencia créase en 2017, cando 2 mozos (Jordan e Diego) apostan por emprender na súa terra tras varios anos vivindo e traballando fóra de Galicia. Tras vivir en paises como Francia, Finlandia, Australia, Irlanda ou República Checa, en 2015 ambos se mudan de novo a Galicia por diferentes motivos, e casualmente coñécense nun evento cultural na súa cidade natal (Ourense).

Charlando sobre a vida na emigración e sobre Galicia, pronto se decatan de que compartían unha visión moi parecida de como promocionar a súa terra. Nese momento nace Verdant Experiences, unha axencia de viaxes que busca dar a coñecer e poñer en valor os encantos dun territorio chamado Galicia.

Que facemos?

Estamos especializados na organización de viaxes, estancias, excursións e actividades a medida en Galicia (pricipalmente na provincia de Ourense). Cun trato próximo e persoalizado, ocupámonos do que necesite para que poida gozar dunhas vacacións de primeira categoría neste marabilloso territorio.

Verdant Experiences

A través da nosa web principal VerdantExperiences.com comecializamos as nosas excursións privadas, estancias e paquetes, e outras actividades puntuais que podamos organizar por Galicia.

Excursión Ribeira Sacra

A través da web ExcursionRibeiraSacra.com ofrecemos excursións en grupo á Ribeira Sacra, dispoñibles de maneira regular e ao longo de todo o ano. Este é un dos destinos nos que estamos especializados e que por tanto coñecemos en profundidade, se quere visitar a Ribeira Sacra non dubide en contactarnos.

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381