Propoñémoslle unha estancia aos pés de Pena Trevinca. Con polo menos 2 noites de aloxamento nos apartamentos de "Eido do Trisquel" e con actividades de turismo de natureza cos expertos locais de "Terras Altas de Trevinca". A mellor forma de disfutar dunha das contornas naturais máis virxes de Galicia, esta proposta é para os amantes do sendeirismo e montañismo, ou para os amantes da natureza.

- O equipo de Verdant Experiences

Apartamentos "Eido do Trisquel"

A 1.230 m. sobre o nivel do mar, atopamos os Apartamentos "Eido do Trisquel" no pobo de Vilanova (Vilanova de Trevinca), concello da Veiga (Ourense). Gozará dunha localización privilexiada por estar na cabeceira de todos os roteiros que conducen ou atravesan o macizo montañoso e de maior altura de Galicia, Pena Trevinca de 2.127 m. de altitude.

Son 2 apartamentos de máximo 6 prazas en cada un, con zona axardinada de uso compartido.

Apartamentos: Sidh e Galaad

Na planta baixa unha cociña totalmente equipada, un salón comedor, zona de cheminea, unha habitación cunha cama de 135 (2 prazas) e amplo cuarto de baño. Na zona superior, unha habitación cunha cama de 105 (2 prazas) e unha de 90 (1 praza), á beira un salón cun sofá-cama de 150 (2 prazas).

Na parte posterior dos apartamentos hai unha zona axardinada compartida, cun amplo soportal de madeira rústica moi apropiado para o descanso durante as horas de calor e tamén para comer ou cear ao exterior.

Sendeirismo con Expertos Locais

Para complementar a súa estancia nos Apartamentos de "Eido do Trisquel", propoñémoslle realizar un roteiro de sendeirismo cos expertos locais de "Terras Altas de Trevinca". Pódese unir aos roteiros programados ao longo do ano, ou ben realizar un roteiro privado baixo demanda e adaptado ás súas necesidades.

  • Sendeirismo / Montañismo
  •     
  • Natureza de Montaña

Incluido na Estancia

2, 3 o 4 noites de aloxamiento no "Eido do Trisquel":

  • Apartamento Completo
  • Réxime de só Aloxamento.

Actividade incluida:

  • Roteiros de Sendeirismo polas Terras de Trevinca.
Esta estancia inclúe un seguro básico de inclusión, dispomos de outros seguros de viaxe á súa disposición, por se é do seu interese. Nota: en caso de incluír actividades de sendeirismo, estas actividades levan incluídas un seguro específico que cobren o desenvolvemento da devandita actividade.

Non incluido no prezo de esta estancia: almorzos, xantares, ceas, transportes e outras actividades non mencionadas en incluido.

Táboa de Prezos

Tamaño Grupo (nº persoas) 2 Noites + 1 Actividade Regular* 3 Noites + 2 Actividades Regulares* 4 Noites + 2 Actividades Regulares* + 1 Actividade Baixo Demanda**
2 310 € 470 € 770€
3 335 € 520 € 820 €
4 360 € 570 € 870 €
5 385 € 620 € 920 €
6 410 € 670 € 970 €

*Actividade Regular - Roteiros en programación habitual durante as fins de semana (sábados, domingos e festivos), dependerá das prazas dispoñibles no momento da consulta.

**Actividade Baixo Demanda - Roteiros privados fora das datas da programación habitual. Saída e praza asegurada, sempre que no día solicitado exista disponiblidade para facer o roteiro elixido.

Nota: os prezos poderían variar se solicita roteiros fóra da programación habitual.


Cando poderá contratar este paquete?

Este paquete está dispoñible a condición de que teñamos dispoñibilidade nas datas requiridas e o bono/tarxeta turística poderá trocarse ata o 8 de Decembro de 2021. A reserva ha de facerse cun mínimo de antelación de 5 días (en tempada alta, preferiblemente con maior antelación para asegurarse disponiblidade), poderá consultarnos igualmente con menos antelación pero non podemos asegurar que a súa solicitude poida ser xestionada con caracter de urxencia. Se non dispón de bono ou tarxeta turística, tamén pode solicitar este paquete.

Condicións cancelación

Por defecto serán aplicables a condicións xerais que aparecen nos nosos termos e condicións xerais para viaxes combinadas FACER CLIC para consultar. Podendo ser máis flexibles cando sexa posible, nese caso especificaranse esas condicións máis flexibles no momento da consulta.

COVID-19

A situación actual da pandemia implica que teñamos que adaptarnos á situación epidemiolóxica e á normativas vixentes en cada momento. Dende Verdant Experiences mantémonos ao día coa normativa, polo que o cliente á hora de reservar ha ser consciente e cumprir co recollido no seguinte apartado:

Información sobre a COVID-19 en Galicia

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381