• Patrimonio
  •     
  • Paisaxe
  •     
  • Enoturismo
  •     
  • Gastronomía

Benvid@ a un dos destinos máis acolledores de Galicia, o sorprendente Ourense - Allariz. Neste destino descubrirá xunto as beiras do río Miño, a romana e señorial cidade de Ourense, que é unha das máis sorprendentes de Galicia. E xunto as beiras do río Arnoia, atoparémonos coa rexia e monumental Vila de Allariz, un dos pobos con máis encanto e mellor valorados da península. Ademais de moitos recursos que podemos atopar nos seus arredores.

Durante a súa visita a cidade de Ourense, non se poderá marchar sen coñecer os símbolos da cidade: o Santo Cristo, a Ponte Romana e a fonte de As Burgas, que brota a 65º en pleno centro. Ten ademais un centro histórico moi ben conservado, repleto de bares e terrazas e tamén, quizá para namorarse, unha marabillosa catedral. Nos últimos anos as ribeiras do Miño convertéronse no outro gran paseo da cidade, cun roteiro termal moi coidado e, en moitos casos, gratuíta.

A Vila de Allariz, con orixe que se remonta ao século VI, recibiu o Premio Europeo de Urbanismo pola recuperación do centro histórico e do río. Residencia real na Idade Media, aquí educouse o mozo Alfonso X o Sabio e non é de estrañar que a beleza da contorna inspirase algunha das súas “Cantigas”.

PAQUETES DISPOÑIBLES

Nota: se busca algo en concreto e non está dispoñible nesta páxina, pode escribirnos para que lle podamos preparar unha proposta e así poder trocar o seu bono /tarxeta turística por ese paquete personalizado.

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381