Propoñémoslle unha estadía de 3 días en Ourense, con 2 noites de aloxamento no Hotel Carrís Cardenal Quevedo 4*, combinado coas nosas excursións habituais a Ribeira Sacra e as visitas guiadas a cidade de Ourense. Con este paquete vacacional poderá desfrutar dunha estadía completa na cidade de Ourense, coñecer a súa arquitectura e historia, as áreas termais, a súa gastronomía e a vez poderá descubrir un dos destinos máis impresionantes da península: a Ribeira Sacra.

- O equipo de Verdant Experiences

Hotel Carrís Cardenal Quevedo 4*

Situado no centro da cidade de Ourense, este Hotel Boutique de 4* que pertence o grupo galego Carrís (con hoteis noutras cidades de Galicia e en Oporto) atópase entre os máis novos da cidade e moi ben situado.

Inclúense 2 noites de estadía en habitación dobre (Carrís Room) con almorzo incluido, podendo engadir máis noites a estadía se así o desexa.

Visita a cidade - casco histórico de Ourense

Coñeza Ourense con Guías Oficiais de Galicia, unha visita organizada por Genuine Galicia os principais lugares e monumentos da cidade de Ourense, as fontes termais de “As Burgas”, a Praza Maior, a Catedral (Exterior ), iglesias, pazos e plazas da ciudade vella de Ourense.

Nota: opción de incluir a visita o interior da Catedral de Ourense. Moi recomendado.

Excursión dun día a Ribeira Sacra

Coñecer a Ribeira Sacra nunca foi tan sinxelo. Durante a nosa excursión regular en grupos reducidos (máximo 21 persoas), faremos un percorrido polo entorno do Canón do Sil, desfrutando así da excursión máis completa a Ribeira Sacra que se pode realizar nun día.

Visita os mosteiros de San Pedro de Rocas e Santa Cristina, ruta en catamarán, visita con cata a unha adega e miradoiros.

  • Patrimonio
  •     
  • Paisaxe
  •     
  • Ruta Fluvial
  •     
  • Enoturismo
  •     

Incluido na Estadía

Dende 2 noites de aloxamento no Hotel Carrís Cardenal Quevedo 4*:

  • Habitación Dobre Estándar (Carrís Room)
  • Réxime de Aloxamento e Almorzo

Visita guiada o casco histórico de Ourense:

  • Saída as 11:30 todos os días. Non inclúe a catedral, que se pode engadir.

Excursión a Ribeira Sacra::

  • Transporte en microbús (máximo 21 prazas)
  • Guía Oficial de Turismo de Galicia
  • Visita mosteiros de San Pedro de Rocas e Santa Cristina
  • Ruta en catamarán
  • Visita a adega con cata de viños D.O. Ribeira Sacra
  • Visita a 2 miradoiros
  • Xantar (entrante, principal, postre, bebida e café)
Esta estadía inclúe un seguro básico de estadía, temos outros seguros de viaxe a súa disposición, por se é do seu interese.

Non incluido no prezo de esta estadía: calquera aspecto non mencionado en incluido por defecto. Traslados dende o lugar de orixe ata o aloxamento e viceversa nos días de chegada e saída. Bebidas adicionais no xantar da excursión.

Táboa de Prezos

Opcións Estadía para 2 persoas (adultos)
3 Días e 2 Noites en AD e HD + Visita Guiada a cidade + Excursión con Xantar incluido 396 €
4 Días e 3 Noites en AD e HD + Visita Guiada a cidade + Excursión con Xantar incluido 492 €
5 Días e 4 Noites en AD e HD + Visita Guiada a cidade + Excursión con Xantar incluido 588 €
Visita guiada a Catedral de Ourense + entrada 10 € extra (5 € / persoa)

Nota: AD (Aloxamento e Almorzo), HD (Habitación Dobre). Para outras opcións como habitacións individuais, nenos etc, a consultar.

Información adicional: as excursións a Ribeira Sacra teñen saída en datas concretas. Normalmente as saídas en temporada baixa son os sábados, a programación pódese consultar en www.excursionribeirasacra.com.

    Saída da excursión dende o centro da cidade de Ourense:
  • 10:00 Parque de San Lázaro (centro da cidade, a menos de 5 minutos do hotel)
  • 20:30 Regreso o punto de partida


Cando poderá contratar este paquete?

Este paquete está dispoñible a condición de que teñamos dispoñibilidade nas datas requiridas e o bono/tarxeta turística poderá trocarse ata o 31 de Decembro de 2022 e fora do periodo comprendido entre o 1 de Xullo e 15 de Setembro. A reserva ha de facerse cun mínimo de antelación de 48 h (en tempada alta, preferiblemente con maior antelación para asegurarse disponiblidade). Se non dispón de bono ou tarxeta turística, tamén pode solicitar este paquete.

Condicións cancelación

Por defecto serán aplicables a condicións xerais que aparecen nos nosos termos e condicións xerais para viaxes combinadas FACER CLIC para consultar. Podendo ser máis flexibles cando sexa posible, nese caso especificaranse esas condicións máis flexibles no momento da consulta.

COVID-19

A situación actual da pandemia implica que teñamos que adaptarnos á situación epidemiolóxica e á normativas vixentes en cada momento. Dende Verdant Experiences mantémonos ao día coa normativa, polo que o cliente á hora de reservar ha ser consciente e cumprir co recollido no seguinte apartado:

Información sobre a COVID-19 en Galicia

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381