• Patrimonio
  •     
  • Paisaxe
  •     
  • Rutas Fluviais
  •     
  • Enoturismo
  •     
  • Gastronomía

Benvid@ a un dos destinos máis buscados de Galicia, a máxica Ribeira Sacra. A candidata a Patrimonio da Humanidade 2021, destaca por ter a maior concentración de arte románico rural de Europa, con monumentos como o Mosteiro de Santo Estevo (Parador Nacional), o Mosteiro rupestre de San Pedro de Rocas ou o máxico Mosteiro de Santa Cristina situado nun souto.

Con paisaxes que lle deixarán coa boca aberta, visitando os seus innumerables miradoiros e gozando de rutas fluviais polo río Sil e o río Miño. Poderá visitar a Ribeira Sacra dende a auga e dende a cima das súas montañas, con alturas de ata 850 metros sobre o nivel do mar.

Un paraíso para os amantes do viño e o enoturismo, descubrindo a viticultura heroica que destaca por esas pendentes de máis do 65%, nas que se traballa para conseguir os coñecidos viños da D.O. Ribeira Sacra. Este é o perfecto acompañamento para gozar da gastronomía da zona e dos diversos produtos locais que se producen no territorio.

PAQUETES DISPOÑIBLES

Nota: se busca algo en concreto e non está dispoñible nesta páxina, pode escribirnos para que lle podamos preparar unha proposta e así poder trocar o seu bono /tarxeta turística por ese paquete personalizado.

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381