Propoñémoslle unha estancia na Ribeira Sacra, con 2 noites de aloxamento no Parador de Santo Estevo e combinado coa nosa excursión privada. Unha das mellores maneiras de descubrir e gozar sen preocupacións do que ten que ofrecer este máxico territorio, mentres se hospeda nun dos monumentos máis coñecidos da Ribeira Sacra.

- O equipo de Verdant Experiences

Parador de Santo Estevo 4*

Construído entre os séculos XII e XVIII (aínda que se cre que a súa orixe remóntase ao século VI), este hotel-mosteiro 4* é un dos Paradores mellor valorados en España e atópase nunha das marxes do Canón do Sil en plena natureza. Foi un dos conxuntos monacais máis importantes de Galicia.

Estancia de 2 noites en cuarto dobre estándar (outras opcións baixo demanda) en réxime de Aloxamento e Almorzo, ou Media Pensión (almorzo e cea) segundo elixa.

Excursión Privada de 1 Día

Coñecer a Ribeira Sacra nunca foi tan sinxelo. Coa nosa excursión privada (exclusivamente para a súa reserva ou grupo) tan só terá que deixarse levar e gozar da experiencia sen preocupacións, para así coñecer tanto o imprescindible como a parte máis oculta e máis sorprendente deste máxico territorio.

Experiencia con saída e regreso ao Parador, e todos os servizos e actividades incluídas para gozar do día.

  • Patrimonio
  •     
  • Paisaxe
  •     
  • Ruta Fluvial
  •     
  • Enoturismo
  •     
  • Gastronomía

Incluido na Estancia

2 noites de aloxamento no Parador de Santo Estevo:

  • Habitación Dobre Estándar.
  • Réxime de Aloxamento e Almorzo ou Media Pensión (Almorzo e Cea), segúndo elixa na súa solicitude.

Excursión Privada de 1 Día (o horario e a excursión poderanse adaptar aos requirimentos do cliente):

  • Recollida e regreso o aloxamento
  • Guía Oficial de Turismo de Galicia
  • Visita a 2 monumentos (incluidas entradas cando sexan requeridas)
  • Ruta en catamarán de 11 plazas
  • Visita a adega con cata de viños D.O. Ribeira Sacra
  • Visitas a puntos de interese (como por exemplo miradoiros)
  • Xantar (entrante, principal, postre, bebida e café)
  • Servizo de fotografía (non profesional)
Esta estancia inclúe un seguro básico de inclusión, dispomos de outros seguros de viaxe á súa disposición, por se é do seu interese.

Non incluído no prezo desta estancia: Cambios ou melloras significativas no tipo de xantar ou actividades que teñan gran impacto no prezo estándar, ou calquera aspecto non mencionado en incluído por defecto. Traslados dende o lugar de orixe ata o aloxamento e viceversa nos días de chegada e saída.

Táboa de Prezos (dende)

Grupo (nº persoas) Media Pensión (MP) Pensión Completa (PC)
2 545 € 650 €
3 840 € 1000 €
4 995 € 1210 €
5 1290 € 1560 €
6 1440 € 1765 €

MP = Media Pensión (2 almorzos + 1 xantar). PC = Pensión Completa (2 almorzos, 2 ceas + 1 xantar)

Nota importante: os prezos mostrados son para cuartos dobres estándar e móstrase o prezo máis baixo dispoñible ao longo do ano (sen contar promocións especiais, que poderían ofrecer un prezo máis baixo). A cadea Paradores poden variar os prezos segundo a data elixida e/ou o tipo de habitación desexada no momento da súa consulta, polo que o prezo final será o que se lle transmita en firme tras a súa consulta.


Cando poderá contratar este paquete?

Este paquete está dispoñible a condición de que teñamos dispoñibilidade nas datas requiridas e o bono/tarxeta turística poderá trocarse ata o 8 de Decembro de 2021. A reserva ha de facerse cun mínimo de antelación de 48 h (en tempada alta, preferiblemente con maior antelación para asegurarse disponiblidade). Se non dispón de bono ou tarxeta turística, tamén pode solicitar este paquete.

Condicións cancelación

Por defecto serán aplicables a condicións xerais que aparecen nos nosos termos e condicións xerais para viaxes combinadas FACER CLIC para consultar. Podendo ser máis flexibles cando sexa posible, nese caso especificaranse esas condicións máis flexibles no momento da consulta.

COVID-19

A situación actual da pandemia implica que teñamos que adaptarnos á situación epidemiolóxica e á normativas vixentes en cada momento. Dende Verdant Experiences mantémonos ao día coa normativa, polo que o cliente á hora de reservar ha ser consciente e cumprir co recollido no seguinte apartado:

Información sobre a COVID-19 en Galicia

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381