Propoñémoslle realizar a excursión en grupo de un día máis completa, para coñecer a Ribeira Sacra e os seus encantos. Coa visita a dous mosteiros, ruta en catamarán polo Canón do Sil, visita a dous dos miradoiros máis emblemáticos da Ribeira do Sil e rematando coa visita a unha adega con cata de viños D.O. Ribeira Sacra.

- O equipo de Verdant Experiences

Durante a mañá

Con saída dende a cidade de Ourense (2 puntos de encontro, ver máis abaixo), comezaremos o día visitando o Mosteiro rupestre de San Pedro de Rocas (coa igrexa excavada na rocha), para logo realizar unha ruta en catamarán polo Canón do Sil e rematar a mañá visitando o Miradoiro de Cabezoás.

Teremos unha parada para o Xantar en Parada de Sil, pode incluir o xantar na súa reserva ou xestionalo pola súa conta.

Pola tarde

Continuaremos a excursión coa visita a unha das localizacións máis máxicas, o Mosteiro de Santa Cristina que está situado nun gran souto. Ao final do serán dirixirémonos ata a zoa de producción vitivinícola para visitar o Miradoiro das Penas de Matacás, e rematar o día coa visita e cata nunha adega D.O. Ribeira Sacra.

Unha vez rematada a visita a adega, voltaremos o punto de inicio na cidade de Ourense con chegada sobre as 20:30.

  • Patrimonio
  •     
  • Paisaxe
  •     
  • Ruta Fluvial
  •     
  • Enoturismo
  •     

Incluido na Estancia

  • Transporte (grupos reducidos, máximo 21 persoas)
  • Guía Oficial de Turismo de Galicia
  • Entradas e billetes das actividades/visitas
  • Seguros e impostos

Opcional:

  • Xantar. Menú do día a elexir entre varios entrantes, varios principais. Postre ou café, pan, auga, viño e gaseosa. Outras bebidas pagaranse a parte.
Esta estancia inclúe un seguro básico de inclusión.

Non incluído no prezo desta excursión: calquera aspecto non mencionado en incluído por defecto.

Táboa de Prezos

Tipo de Billete Excursión Excursión + Xantar
Adulto 75 € 88 €
Menor de 13 anos 37,50 € 48,50 €
Menor de 3 anos De valde N/A

Nota importante: estas excursións teñen saída en datas concretas e sempre dende a cidade de Ourense. Normalmente as saídas son os sábados, a programación está dispoñible en www.excursionribeirasacra.com.

    Saídas dende a cidade de Ourense:
  • 9:45 Estación RENFE Ourense
  • 10:00 Parque de San Lázaro (centro da cidade)
  • Volta sobre as 20:30.


Cando poderá contratar este paquete?

Este paquete está dispoñible a condición de que teñamos dispoñibilidade nas datas requiridas e o bono/tarxeta turística poderá trocarse ata o 31 de Decembro de 2022 e fora do periodo comprendido entre o 1 de Xullo e 15 de Setembro. A reserva ha de facerse cun mínimo de antelación de 48 h (en tempada alta, preferiblemente con maior antelación para asegurarse disponiblidade). Se non dispón de bono ou tarxeta turística, tamén pode solicitar este paquete.

Condicións cancelación

Por defecto serán aplicables a condicións xerais que aparecen nos nosos termos e condicións xerais para viaxes combinadas FACER CLIC para consultar. Podendo ser máis flexibles cando sexa posible, nese caso especificaranse esas condicións máis flexibles no momento da consulta.

COVID-19

A situación actual da pandemia implica que teñamos que adaptarnos á situación epidemiolóxica e á normativas vixentes en cada momento. Dende Verdant Experiences mantémonos ao día coa normativa, polo que o cliente á hora de reservar ha ser consciente e cumprir co recollido no seguinte apartado:

Información sobre a COVID-19 en Galicia

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381