• Enoturismo
  •     
  • Natureza de Montaña
  •     
  • Sendeirismo
  •     
  • Turismo de Aventura

Aunque a comarca de Valdeorras forma parte do xeodestino Manzaneda - Trevinca, consideramos necesario destacar a importancia do seu sector vitivinícola creando esta categoría a maiores. Atopámonos na comarca máis oriental da provincia de Ourense, con gran riqueza no que a recursos naturais se refire e coa destacada fertilidade das súas terras.

Foi un territorio de gran importancia dende a época megalítica (con trazos rupestres, petróglifos...), e coa chegada dos romanos a zona converteuse nun lugar importante para o Imperio Romano e pola que pasou unha das vías de comunicación máis importantes da época, a "Vía Nova" que posteriormente se utilizou como Camiño Real ou Camiño de Inverno no Camiño de Santiago.

Temos que destacar o Parque Natural Serra Enciña da Lastra, cheo de grutas (coñecidas como "palas") sendo un paraíso para a espeleoxía e onde se atopan algunhas das maiores colonias de morcegos de España. Cunha flora mediterranea con bosques de aciñeiras, castiñeiros, prados perfumados co aroma do tomiño silvestre e máis de 25 especies de orquídeas. E tamén o "Teixadal de Casaio", o bosque de texos máis importante de Europa, nunha viaxe ao pasado.

Ten unha zoa vitivinícola propia, a D.O. Valdeorras que se particulariza porque hai centos de adegas tradicionais nas que a elaboración e o coidado do viño se levaba a cabo nas entrañas da terra, en covas escavadas en barro (que aínda hoxe podemos visitar, algunhas delas con séculos de antigüidade). Existe produción de viño branco (predomina o Godello) e viño tinto (predomina a Mencía).

PAQUETES DISPOÑIBLES

Nota: se busca algo en concreto e non está dispoñible nesta páxina, pode escribirnos para que lle podamos preparar unha proposta e así poder trocar o seu bono / tarxeta turística por ese paquete personalizado.

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381