Propoñemoslle unha estancia na Comarca de Valdeorras . Con polo menos 2 noites de aloxamento en Media Pensión no Hotel - Monumento "Pazo do Castro" e con actividades de turismo de natureza cos expertos locais de "Rutas Xanzá". Un dos destinos máis sorprendentes de Galicia, tanto pola súa contorna natural como polo seu viño e gastronomía.

- O equipo de Verdant Experiences

Hotel 4* "Pazo do Castro"

Aloxarase nun edificio do século XVII no que se respectou o seu interior, as antigüidades e coleccións de pinturas e gravados, mantendo así a singularidade do edificio e a típica arquitectura paciega.

O pazo toma o seu nome da vila na que se sitúa, que foi a poboación de maior relevancia na Valdeorras do Medievo.

Gastronomía

Daranlle a benvida cunha copa de viño da D.O. Valdeorras, e ademais do almorzo, tamén poderá gozar da gastronomía escollendo entre tomar o xantar ou a cea no Pazo. Terá á súa disposición un menú que inclúe tamén bebidas e café.

Actividades con Expertos Locais

Para complementar a súa estancia no hotel "Pazo do Castro", propoñémoslle realizar un ou varios roteiros de sendeirismo cos expertos locais de "Rutas Xanzá". Podendo visitar o parque natural de "Serra da Enciña da Lastra", as "Pinturas Prehistóricas de Casaio" ou o "Teixadal de Casaio".

Ruta Duración Esixencia Física Dificultade Distancia Desnivel Acum.
Serra da Enciña da Lastra 4h. aprox. BAIXA BAIXA 6 km 243 m
Pinturas Prehistóricas de Casaio 4h. aprox. (tempo efectivo camiñando sen paradas 2h 30min) MEDIA BAIXA-MEDIA 5.5 km 357 m
Teixadal de Casaio 7h. (incluido traXecto en 4x4) MEDIA MEDIA 10 km 475 m
  • SendeIrismo
  •     
  • Natureza de Montaña
  •     
  • Gastronomía

Incluido na Estancia

2 o 3 noites de aloxamento no hotel "Pazo do Castro":

  • Habitación dobre
  • Réxime de Media Pensión (Almorzo + Xantar ou Cea)
  • Copa de benvida de viño D.O. Valdeorras
  • Saída tardía baixo solicitude e disponibilidade

Actividade ou actividades incluidas:

  • Opción 1: sendeirismo pola "Serra da Enciña da Lastra"
  • Opción 2: sendeirismo as "Pinturas Prehistóricas de Casaio"
  • Opción 3: sendeirismo o "Teixadal de Casaio" (ten custe extra)

Esta estancia inclúe un seguro básico de inclusión, dispomos de outros seguros de viaxe á súa disposición, por se é do seu interese. Nota: en caso de incluír actividades de sendeirismo, estas actividades levan incluídas un seguro específico que cobren o desenvolvemento da devandita actividade.

Non incluido no prezo de esta estancia: transportes e outras actividades non mencionadas en incluido.

Táboa de Prezos

Tamaño Grupo (nº persoas) 2 Noites + 1 Actividade 3 Noites + 2 Actividades Extra Temporada Alta* Extra Visita Teixadal**
2 290 € 460 € 20€ - 30€ 50€
3 490 € 765 € 40€ - 60€ 60€
4 560 € 880 € 40€ - 60€ 80 €
5 770 € 1205 € 60€ - 90€ 100 €
6 840 € 1320 € 60€ - 90€ 110 €
7 1050 € 1645 € 80€ - 120€ 115 €
8 1120€ 1760 € 80€ - 120€ 120 €

*Temporada Alta - Do 1 de Xullo ao 15 de Setembro, Semana Santa, Festivos e Navidad. O extra varía segundo sexa estancia de 2 ou 3 noites. Suplemento nenos en réxime de Aloxamento e Almorzo con cama supletoria, 25€/noite.

**Visita a Teixadal - Este sería un custe engadido aos prezos dos paquetes basee.


Cando poderá contratar este paquete?

Este paquete está dispoñible a condición de que teñamos dispoñibilidade nas datas requiridas e o bono/tarxeta turística poderá trocarse ata o 8 de Decembro de 2021. A reserva ha de facerse cun mínimo de antelación de 5 días (en tempada alta, preferiblemente con maior antelación para asegurarse disponiblidade), poderá consultarnos igualmente con menos antelación pero non podemos asegurar que a súa solicitude poida ser xestionada con caracter de urxencia. Se non dispón de bono ou tarxeta turística, tamén pode solicitar este paquete.

Condicións cancelación

Por defecto serán aplicables a condicións xerais que aparecen nos nosos termos e condicións xerais para viaxes combinadas FACER CLIC para consultar. Podendo ser máis flexibles cando sexa posible, nese caso especificaranse esas condicións máis flexibles no momento da consulta.

COVID-19

A situación actual da pandemia implica que teñamos que adaptarnos á situación epidemiolóxica e á normativas vixentes en cada momento. Dende Verdant Experiences mantémonos ao día coa normativa, polo que o cliente á hora de reservar ha ser consciente e cumprir co recollido no seguinte apartado:

Información sobre a COVID-19 en Galicia

Enviar Email

equiries [@] verdantexperiences.com

Iniciar Chamada Telefónica

+34 689 139 381

Iniciar Chat en WhatsApp

+34 689 139 381

Iniciar Chat en Telegram

+34 689 139 381